Tipo | torneo |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Federación de Fútbol dos Estados Unidos |
Número de participantes | 2 |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1996 – |
Competición | |
Philip F. Anschutz Trophy (pt) | |
Outro | |
Páxina web oficial | mlssoccer.com… |
A Copa MLS (en inglés: MLS Cup) é o título de campión da Major League Soccer. Tras a liga regular nas dúas conferencias, os cinco primeiros clasificados de cada conferencia xogan os playoff da MLS. Os gañadores dos playoffs de cada conferencia enfróntanse nunha final polo título. O gañador da Copa MLS clasifícase para a Liga de Campións da CONCACAF.
O primeiro gañador desta copa foi o D.C. United, no ano 1996. O equipo con máis títulos é Los Angeles Galaxy, o equipo anxelino foi o campión en cinco ocasións. O último gañador foi o Portland Timbers.